Monday 29 de April de 2024

O Concello de Touro programa a función de teatro ‘A nena e o grilo Máis aló’ de Teatro Ghazafelhos para a tarde de mañá venres, 4 de setembro


O Concello de Touro programou para mañá, venres 4 de setembro de 2020 ás 18.00 horas, a función de teatro ‘A nena e o grilo Máis aló’ de Teatro Ghazafelhos e Magín Blanco. Será nas pistas da Praza do Luar, en Fonte Díaz, onde se atopa a zona de servicios do Concello. ‘A nena e o grilo Máis aló’ é unha divertida historia que nos trasporta á busca das cousas máis insólitas.

A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia da Covid19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto. Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención da Covid19, os asistentes deberán acudir acudir con anticipación á hora sinalada para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.